ASADO DE POLBO
INGREDIENTES:
- 1 polbo de lonxa grande
- 4 Patacas.
- 2 cebolas
- 2 tomates
- 1/2 cabeza de allos
- 1 folla de laurel
- Aceite de oliva
- 450 ml de viño branco
- Sal e pementa
PREPARACIÓN
- Prequecer o forno a uns 180º
- Corta a cebola en xuliana, as patacas en cubos e o tomate en anacos grandes e fai unha cama con eles nunha fonte
- Limpa o polbo e córtalle a cabeza (non a tires) e logo as patas dunha nunha e coloca cabeza e patas na fonte, enriba das verduras
- Engade os allos, o loureiro e salpimenta ao gusto. Rega co viño e o aceite.
- Deixa cociñar durante 1 hora ou 1 hora e media, ata que o polbo e as patacas estean tenros
- Serve facendo sobre o prato unha cama de verduras asadas e colocando as patas de polbo por enriba.