Somos unha cooperativa centrada na distribución de produtos conxelados, sendo o polbo a nosa especialidade.
Estamos situados en Santiago de Compostela. Esta céntrica localización permítenos atender con rapidez e eficacia as demandas dos nosos clientes. Distribución
O noso principal obxectivo é cubrir de forma eficiente, con garantías e a prezos alcanzables, as necesidades de todos os profesionais pertencentes aos sectores aos que nos diriximos, poñendo a disposición dos nosos clientes, produtos e servizos únicos, exclusivos e personalizados.
En constante innovación e xerando ideas sempre orientadas, á colaboración no desenvolvemento do seu negocio, obtendo con isto a máxima rendibilidade tanto de tempo como económica. A nosa fórmula cooperativa nos cualifica especialmente para o deseño de estratexias colaborativas e de cooperación cos nosos clientes, facendo nosas as súas necesidades.
A principal actividade que desenvolve PULPONOR, S.COOP. GALEGA céntrase na distribución de polbo conxelado da mellor calidade e cun sistema de embalaxe exclusiva e totalmente natural a profesionais do sector: pulpeir@s, restauración en xeral e grandes superficies, contando tamén con servizo para particulares a través da nosa Web www.pulponor.com Incluímos tamén a distribución doutros produtos como bebidas, xeo, aceite etc.
CATÁLOGO E PREZOS