Pulponor, S. Coop. Galega nace no ano 2014 da man de Luís, Fernando e Mónica co obxectivo de ofrecer un conxunto de servizos innovadores a distintos sectores como a hostalería, restauración e grandes superficies. As nosas experiencias laborais anteriores en vendas, atención ao cliente e almacenaxe axúdannos a desenvolver un traballo de calidade, responsable e profesional, atendendo as características e necesidades de cada cliente.

 

En Pulponor S. Coop. Galega creamos, desenrolamos e apostamos por un proxecto dedicado aos produtos conxelados e consumibles de hostalaría. A nosa especialidade é o polbo conxelado de alta calidade.

Complementamos esta actividade con outras como son a almacenaxe e distribución de conxelados, a subministración de xeo e a organización de eventos.

Aspiramos a converternos nunha central de compras cooperativizando e agrupando pedidos e servizos, de modo que os nosos clientes obteñan significativos aforros en prezo e custos, e establecendo alianzas estratéxicas para que todas as partes obteñan beneficio.

Calidade e eficiencia son os nosos principios fundamentais. A maiores facemos nosos os principios e valores da Alianza Cooperativa Internacional

  • Compromiso coa comunidade
  • Fomento da formación, información e educación
  • Adhesión voluntaria
  • Autonomía e independencia
  • Cooperación entre cooperativas
  • Xestión democrática
  • Participación económica