ASADO DE POLBO

INGREDIENTES:

  • 1 polbo de lonxa grande
  • 4 Patacas.
  • 2 cebolas
  • 2 tomates
  • 1/2 cabeza de allos
  • 1 folla de laurel
  • Aceite de oliva
  • 450 ml de viño branco
  • Sal e pementa

PREPARACIÓN

  • Prequecer o forno a uns 180º
  • Corta a cebola en xuliana, as patacas en cubos e o tomate en anacos grandes e fai unha cama con eles nunha fonte
  • Limpa o polbo e córtalle a cabeza (non a tires) e logo as patas dunha nunha e coloca cabeza e patas na fonte, enriba das verduras
  • Engade os allos, o loureiro e salpimenta ao gusto. Rega co viño e o aceite.
  • Deixa cociñar durante 1 hora ou 1 hora e media, ata que o polbo e as patacas estean tenros
  • Serve facendo sobre o prato unha cama de verduras asadas e colocando as patas de polbo por enriba.