POLBO A FEIRA
INGREDIENTES
- 1 Polbo de 2 Kg
- 1 cebola
- 1/2 kg de patacas
- Auga
- Sal
- Pimentón doce e/ou picante
- Aceite de oliva
PREPARACIÓN
Antes de preparar o prato, é moi importante abrandalo previamente. O polbo fresco abrándase dándolle golpes ou cun mazo, pero por sorte se o mercamos conxelado obtemos o mesmo resultado.
Pon a desconxelar o polbo un día antes na neveira.
Pon a ferver auga sen sal nunha pota grande e cando rompa a ferver engadelle o polbo, "asustándoo". Esta técnica consiste en meter e sacar o polbo unhas 3 ou 4 veces da auga para conseguir que non lle caia a pel durante a cocción.
Despois, introdúceo definitivamente e cociña durante 30 minutos. Deixa atemperar e córtao en trociños coa axuda dunhas tesoiras. Reserva.
Pela as patacas e ponas a cocer en auga do polbo cun pouco de sal. Escurre e córtaas en toros.
Serve nun prato de madeira os toros de pataca e coloca enriba o polbo cortado. Aliña con aceite de oliva, pimentón e sal.